O alcalde garante para 2013 un novo sistema de tarificación da auga "en función dos intereses dos cidadáns"
Abel Caballero anunciou este luns que, ao longo de 2013, o goberno local cambiará a nova tarificación do recibo da auga en Vigo, que hoxe en día "non se adapta nin ás necesidades de Vigo nin dos cidadáns", ao facelo por tramos. O Concello recibiu o estudo encargado á concesionaria e os técnicos valorarán agora o texto.