O goberno local implementa novas medidas de promoción turística da cidade
Abel Caballero informou da adxudicación provisional de sendos proxectos para mellorar a promoción turística de Vigo, tanto na cidade como no mercado internacional. Por outra banda, o alcalde informou da adxudicación de 47 bolsas de idiomas para os estudantes da Escola Oficial de Idiomas de Vigo.
No tocante ao turismo, Abel Caballero explicou que esta "forma moderna de facer turismo" inclúe o programa Vigo Hospitality -un servizo de comercialización dos destinos turísticos de Vigo-, a promoción da cidade no mercado asiático aproveitando a imaxe do futbolista coreano do Celta Park e a utilización de estranxeiros residentes en Vigo como encargados de transmitir a imaxe da cidade nos seus países de orixe.
Por outra banda, o goberno local tamén adxudicou 47 novas bolsas de idiomas Concello de Vigo para os "mellores estudantes" da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, a gran maioría de inglés e tamén unha para Xapón, "por primeira vez na historia desta cidade", asegurou o alcalde.
Sumando as axudas concedidas para os estudantes de Secundaria da cidade, ao longo do presente ano o Concello de Vigo outorgou 494 bolsas de idiomas, cun investimento próximo a 1,1 millóns de euros. Abel Caballero indicou que no goberno de Vigo "estamos entusiasmados e encantados" con este programa, una "decisión de futuro de gran envergadura no campo da formación en idiomas" dos estudantes da cidade.