Carmela Silva adianta que a nova sede da Seguridade Social en Vigo terá licenza en 15 días

xoves, 13 out 2011

A primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, informou este xoves de "dúas boas novas" para a cidade, como son a recepción parcial das obras de humanización do treito entre Rosalía de Castro e García Barbón, que permitirá proceder á súa apertura; e, en segundo lugar, a concesión en 15 días da licenza para o edificio da Metalúrxica, onde o Goberno de España investirá 24 millóns de euros na nova sede da Tesorería da Seguridade Social.

O alcalde reuníuse coa nova diretiva da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción

xoves, 6 out 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, mantiveron este xoves unha reunión cos novos responsables de APEC, cos que o goberno local mantén unha "magnífica relación". Os mandatarios municipais transmitiron algunhas das melloras que está a introducir o Concello na normativa municipal para facilitar a edificación.

O alcalde anuncia a aprobación do proxecto inicial de urbanización de Tomás Paredes, co 52% de vivenda protexida

venres, 30 set 2011

Explicou Abel Caballero que o Consello da Xerencia de Urbanismo deste venres deu luz verde ao proxecto inicial de urbanización de Tomás Paredes, un ámbito de 12.500 metros cadrados, con 2.000 metros cadrados de zonas verdes e unha parcela de 800 metros para a construcción de vivenda protexida. O rexedor indicou que este ámbito "reflicte moi ben o espíritu do PXOM". Das 120 vivendas que inclúe, o 52% terán algún tipo de protección.

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

xoves, 29 set 2011

De conformidade co establecido nos artigos 8-10 dos Estatutos da Xerencia Municipal de Urbanismo, proponse para a vindeira sesión ordinaria do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, a seguinte ORDE DO DÍA:

Caballero avanza que Urbanismo ultima unha nova proposta para Barrio do Cura

xoves, 29 set 2011

O alcalde de Vigo avanzou que a Concellería de Urbanismo está ultimando unha nova proposta de planeamento para o ámbito do Barrio do Cura, unha vez que a Comisión de Patrimonio non autorizou o derribo dalgúns edificios, tal e como solicitou a propietaria o pasado mes de abril. Tras pedirlle á Comisión "máis celeridade na resposta, Caballero explicou que solicitarán á propietaria que reitere a petición de demolición, para que sexa aceptada e "resolvamos un problema de bastante envergadura na cidade".

O goberno local nomea a María Carneiro nova xerente de Urbanismo, "unha das profesionais máis reputadas" en Galicia

venres, 9 set 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres do nomeamento de María Carneiro como xerente de Urbanismo do Concello. A Xunta de Goberno Local deu esta mañá luz verde ao mesmo, co que Vigo incorpora a "unha das profesionais máis reputadas na área de Urbanismo de toda Galicia", en verbas do alcalde, cunha dilatada experiencia profesional en Galicia e Madrid.