Caballero confirma que Mercadona prevé ampliar "moi significativamente" a súa presenza en Vigo

venres, 14 xan 2011

O alcalde reuníuse este venres coa responsable da zona norte de España desta cadena de supermercados, Patricia Cortizas, quen lle confirmou que a empresa prevé triplicar a súa presenza na cidade. Actualmente Mercadona conta con dous establecementos en Vigo, na rúa Aragón e no Mercado das Travesas, este último, o centro con máis ventas de Galicia. Caballero amosou o seu "agrado" polos plans da entidade, que ratifican que "Vigo é unha gran oportunidade comercial de presente e futuro"

Caballero asegura a "cooperación" municipal na procura dunha nova sede para a Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de Bouzas

martes, 4 xan 2011

O alcalde recibiu este martes a representantes deste colectivo que constrúe embarcacións tradicionais e procuran unha nova ubicación para a entidade onde ensamblar e reparar os barcos. Caballero confirmou que Urbanismo estuda unha parcela dotacional próxima ao campo de fútbol de Bouzas e anuncia "cooperación" da Asociación coa Escola Obradoiro municipal "Mar de Vigo", tamén decidada ao sector marítimo tradicional.

Caballero garante "compromiso" municipal para ampliar as instalacións da multinacional Borgwarner, que creará 200 empregos

martes, 21 dec 2010

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Urbanismo, José Mariño, comprometeron este martes "todo o compromiso deste Concello" na ampliación das instalacións da multinacional estadounidense Borgwarner Emissions Systems, que emprega en Zamáns a máis de 400 persoas. O proxecto precisa de 15.000 metros cadrados máis e crearía 200 postos de traballo. "Segue habendo grandes multinacionais que apostan por Vigo", asegurou o alcalde.

Urbanismo elaborará en quince días o proxecto de demolición dos apartoteis de Samil para dar cumprimento á senteza xudicial de derrubo

mércores, 10 nov 2010

O concelleiro de Urbanismo, José Mariño, informou este mércores da planificación municipal para "dar cumprimento á sentenza xudicial" de derrubo do inmoble. En 15 días estará elaborado o proxecto, será enviado aos xulgados, notificarase as decisións aos propietarios e os suministros eléctricos e de abastecemento quedarán cortados o 29 de xaneiro. Despois adxudicarase o proxecto de demolición do edificio.

Abel Caballero anuncia a concesión da licenza de primeira ocupación para as vivendas públicas de Navia

martes, 2 nov 2010

O alcalde de Vigo asinou este martes a orde do día do próximo Consello da Xerencia municipal de Urbanismo que ratificará a licenza concedida polo Concello ás mais de 300 novas vivendas públicas do barrio de Navia. Caballero explicou que o pasado venres os técnicos municipais certificaron a finalización das vivendas de Teixugueiras 15 e hoxe, "nun día", xa foi concedido o permiso para ser ocupados os pisos de protección.

Urbanismo concedeu licenza urbanística ás torres de García Barbón xa que "a lei nos obriga"

xoves, 21 out 2010

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo celebrada este xoves deu conta da licenza municipal que evita a demolición das torres de García Barbón, unha decisión que "a lei nos obriga" a tomar, apuntou o alcalde, xa que así o contempla o Plan Xeral vigués. Caballero incidiu en que "non é un acto de vontade política" e defendeu responsabilizar a aqueles que concederon licenzas revocadas polos xulgados. "Remataron as épocas de tropelías urbanísticas en Vigo", concluíu.

Urbanismo insta a Xunta de Galicia a modificar o plan parcial de Navia para poder construir 1.180 novas vivendas de protección

martes, 14 set 2010

O concelleiro de Urbanismo, José Mariño, reclamou hoxe martes ao goberno autonómico a presentar unha proposta de modificación do plan parcial de Navia que permita edificar outras 1.180 vivendas protexidas, segundo o protocolo asinado en febreiro de 2009 entre o Concello e a Xunta de Galicia. O edil cualificou de "prioritaria" esta actuación.

Urbanismo adxudica a redacción do proxecto do túnel de Julián Estévez

venres, 10 set 2010

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo celebrada este venres deu luz verde á adxudicación da redacción do proxecto do futuro túnel de Julián Estévez, cun investimento de 1,1 millóns de euros. A empresa adxudicataria do deseño da infraestrutura terá 10 meses para levalo adiante e posteriormente o Concello sacará a licitación as obras.