O Concello suma tres novas sentencias favorables ao PXOM e outra ao derrubo das naves de A Lagoa
Tras a celebración do Consello da Xerencia municipal de Urbanismo deste venres, o alcalde, Abel Caballero, informou da recepción doutras tres sentenzas xudiciais sobre o PXOM favorables aos intereses do Concello de Vigo, como todas as anteriores. Un cuarto ditame dos tribunais respalda tamén a actuación municipal no derrubo das naves de A Lagoa.
Caballero resaltou estas catro sentencias de especial interese entre as trece que deu conta hoxe a Xerencia de Urbanismo, textos que dan a "razón" ao Concello no seu proceder.
Os recursos interpostos sobre Hijos de Barreras, a estación de servizo Carballal e a Asociación Veciñal Curva de San Gregorio, relativas ao Plan Xeral de Ordenación Municipal, foron desestimadas, co que "seguimos coleccionando sentenzas favorables ao Concello" e recordou que "ata o momento", todas son favorables".
En outro orde de cousas, o Consello da Xerencia municipal de Urbanismo acordou conceder vinte licenzas de obra e outras sete de actividade, xerando un investimento de case 900.000 euros, segundo indicou Caballero.
AVE
O alcalde informou ademais da remisión ao Ministerio de Fomento das dilixencias acreditativas da exposición pública da relación de bens e dereitos afectados polo eixo atlántico de Alta Velocidade, no acceso á nova estación.
Trátase dun procedemento para facilitar a execución das obras, dando o visto bo ao establecemento das plataformas, á conexión entre o túnel e a estación de Urzáiz e á eventual saída sur do túnel a Portugal. Caballero valorou esta decisión de "envergadura" por significar "seguir dando apoio" ao proxecto da futura terminal do AVE de Vigo.
Descargar todas as imaxes