Escoitar

Pechada ao tráfico a rúa Doctor Marañon, treito entre López Mora e Menéndez Pelayo

venres, 27 abr 2012
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización de Doctor Marañon, a realizar pola empresa ALDASA, estará pechada ao tráfico a rúa Doctor Marañon, treito entre López Mora e Menéndez Pelayo, con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 2 de maio de 2012 ás 10:00 horas e por un período aproximado duns tres meses.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.