Escoitar

Imposto sobre Actividades Económicas

venres, 27 abr 2012
Segundo a publicación no Boletín Oficial da Provincia núm. 78 de data 23 de abril de 2012, estará en exposición pública entre os días 24 de abril ata o 15 de maio en horario de 9 a 13,30 h. na oficina de Actividades Económicas e Industriais do Concello de luns a vernes a Matrícula do Imposto sobre Actividades Económicas correspondente ó ano 2012


As e os interesados poderán consultala e, de o consideraren, interpoñer recurso de reposición ante a Axencia Estatal da Administración Tributaria de Vigo no prazo de 15 días ou ben reclamación económico-administrativa no mesmo prazo, que contara a partir do día inmediato seguinte ó de finalización do período de exposición, de conformidade co Real decreto 243/1995 de febreiro de 1995 polo que se ditan normas para a xestión do Imposto sobre Actividades Económicas e se regula a delegación de competencias en materia de xestión censal do dito imposto.