Escoitar

O Concello axudica o servizo do 010 que en 2011 atendeu case 152.000 chamadas

A Xunta de Goberno local aprobou esta mañá a adxudicación do servizo 010 á empresa con mellor oferta, Outsourcing Signo Grupo Norte, SA. A proposta económica foi de 739.000 euros, un 5% do orzamento base de licitación, situado en 771.742 euros.

venres, 27 abr 2012
1335528242cerodez.JPG
O alcalde de Vigo explicou esta mañá que a empresa Outsourcing Signo Grupo Norte SA é a que mellor oferta presentou no concurso aberto de atención cidadá a través da liña telefónica do 010. Tal e como foi aprobado na xunta de Goberno deste venres, o presuposto base de licitación era de 771.742 euros por catro anos, e a empresa adxudicataria presentou unha proposta de 739.190 euros, o que supón unha redución do 5%, ademais de ofrecer dez horas por riba das 238 semanales establecidas como mínimo. Durante a súa intervención, estacou que o 010 atendeu ao longo de 2011 case 152.000 chamadas

A Xunta de Goberno local tamén deu luz verde, segundo avanzou o rexedor, ao plan de seguridade e saúde para a posta en marcha da renovación do saneamento na rúa Enrique Lorenzo. As obras, cun importe de 232.437 euros, van a cargo do Plan de Investimentos recollido na prórroga de Aqualia.
Descargar todas as imaxes