Escoitar

As obras da nova rúa entre San Sebastián e Abeleira Menéndez comezan de xeito inmediato

A Xunta de Goberno local adxudicou hoxe martes as obras de urbanización entre San Sebastián e Abeleira Menéndez cun importe de 192.814,46 euros. Tal e como avanzou o rexedor, os traballos comezarán de xeito inmediato, posto que as obras de demolición se fixeron con vía de urxencia por motivos de seguridade.

martes, 23 out 2012
O alcalde anunciou esta mañá a adxudicación das obras de urbanización de San Sebastián e Abeleira Menéndez cun orzamento de 192.814,46 euros. Tal e como explicou, xa se fixo por vía de urxencia a demolición, e, agora, de xeito inmediato, comezará a urbanización, que suporá a apertura dunha nova rúa que comunique San Sebastián e Abeleira Menéndez, incluíndo a construcción dunha praza pública.

Explicou que a nova rúa será peonil e que, debido á grande diferenza entre os estremos da rúa, será escalonada, de xeito que a maior parte do trazado serán peldaños e descansiños, cunha zona máis ampla na parte alta. Durante estes traballos, tamén se instalará unha rede de recollida de augas pluviais e iluminación pública.