Cursos do programa de formación e tempo libre "Ser muller é unha boa idea"

A Concellería de Igualdade promove anualmente a convocatoria dun programa de formación e tempo libre en colaboración con asociacións promotoras de igualdade da cidade. Os cursos desenvólvense nestas entidades, que son as asociacións de mulleres e vogalías da muller das asociacións veciñais adheridas ao programa.

martes, 23 out 2012
1350982378cursos.jpg
A Concellería oferta 72 horas de formación durante o período do programa que abrangue desde o mes de outubro de 2012 a xuño de 2013 dirixido especialmente ás mulleres maiores de 18 anos, aínda que no módulo de igualdade de oportunidades poden participar tamén os homes.

As mulleres interesadas en realizar algún curso deberán poñerse en contacto coas asociacións e vogalías da muller das asociacións veciñais para solicitar información dos módulos formativos elixidos polas entidades. As inscricións formalizaranse nos locais das asociacións e terán prioridade as mulleres (e os homes no caso do módulo de igualdade) que pertenzan ao barrio, sexan ou non socias da asociación veciñal.

Pódese obter máis información do programa no arquivo adxunto que leva por nome "folla presentación".

Tamén pódese consultar a relación de cursos que xa están aprobados:
Descargar todas as imaxes

Máis información