luns, 22 outubro 2012

175 expertos analizan en Vigo novas fórmulas de eficiencia enerxética para o alumeado público

luns, 22 out 2012

Organizado polo Concello de Vigo, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia e FAIMEVI, as Xornadas Técnicas Galegas de Iluminación terán lugar no Auditorio Municipal os próximos 24 e 25 de outubro. Tal e como explicou o alcalde durante a súa presentación, trátase de contrastar coñecemento técnico co obxectivo de que Vigo sexa a ser unha cidade "intelixentemente eficiente".

Presentación de proxectos literarios no Centro de Documentación e Recursos Feministas

luns, 22 out 2012

O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo desenvolverá esta semana tres actividades no seu local na rúa Joaquín Yañez, 6-2º andar. Así o martes 23 continúase co "Ciclo de charlas sobre a representación feminina en diferentes creacións literarias; o mércores presentarase o libro "Mujeres y educación en la España Contemporánea. La Institución Libre de Enseñanza y la residencia de Señoritas de Madrid" e o xoves 25 presentación do libro "Resistencia".