A Universidade ofertará 30 contratos en prácticas sufragados co plan de emprego municipal
O Concello aporta á Universidade 400.000 euros para facilitar a inserción laboral de 30 recién licenciados e diplomados dentro dos plans de emprego municipais. Segundo o rexedor, a día de hoxe hai xa 24 convenios validados por valor de 1,6 millóns de euros para dar emprego a 184 persoas.

Abel Caballero presentou este luns o convenio coa Universidade polo que a institución académica recibe 400.000 euros do Concello, dentro dos plans de emprego municipais. Deste xeito, habilitaránse 30 contratos en prácticas para recién licenciados e diplomados no ámbito da innovación e desenvolvemento. O rexedor e o reitor, Salustiano Mato, asinaron esta mañá un convenio que, tal e como avanzou Caballero, xa conta cunha importante demanda.
Segundo explicou o alcalde en rolda de prensa, a día de hoxe hai 24 convenios validados por valor de 1.663.500 euros para dar traballo a 184 persoas. Respecto dos plans de emprego municipais, en total, dixo, serán 39 convenios con distintas institucións e asociacións, por un valor de 2,5 millóns de euros, que facilitarán a contratación de 325 parados. A esta cifra hai que engadir 700 empregos das políticas keinessianas, 325 do plan de emprego, 102 do programa Vigo emprega (antigo Útil), ademáis doutros 1.100 -directos e indirectos- das novas obras. Tal e como apuntou Caballero, ao final, as políticas municipais de emprego permitirán contratar 2.227 vigueses e viguesas.
Descargar todas as imaxes