mércores, 24 out 2012
O alcalde e vicepresidente da Femp, Abel Caballero, avanzou esta mañá que o PSOE e EU avalan as enmendas aos orzamentos xerais do Estado de 2013 e que o voceiro do PP lles "transmitiu boas sensacións". Nunha comparecencia cos medios, o rexedor explicou que a enmenda de que non se apliquen as medidas de restricción orzamentaria a o todos os concellos por igual foi a que concitou maior consenso no apoio.
mércores, 24 out 2012
O vindeiro sábado 27 de outubro o auditorio Mar de Vigo acollerá a final das XIII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas, organizadas pola asociación Interfolk, coa colaboración do Concello de Vigo. Tal e como explicou a concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, resaltou o compromiso municipal para seguir apoiando a cultura tradicional.
mércores, 24 out 2012
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, participou este mércores na reunión do comité directivo do proxecto europeo SUM, formado por 14 entidades de 9 países, que continuará mañá co primeiro dos tres obradoiros temáticos que prevé a iniciativa. O Concello lidera este proxecto europeo, cun orzamento de 1,7 millóns.
mércores, 24 out 2012
O concelleiro de Fomento, David Regades, inaugurou este mércores as Xornadas Técnicas Galegas de Iluminación no Auditorio Municipal, onde 175 expertos analizan ata mañá novas fórmulas de eficiencia enerxética. A cita está organizada polo Concello de Vigo, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia e FAIMEVI.
mércores, 24 out 2012
A Concellería de Medio Ambiente inicia este sábado 27 de outubro o seu plan de formación de outono. As accións previstas son cursos básico de hortas urbanas, cursos de iniciación ao voluntariado medioambiental e cursos específicos de voluntariado en Vigozoo.O proceso de inscrición terá lugar entre o luns e o xoves previo a cada actividade por vía do 010. Terán prioridade os cidadáns empadroados en Vigo.