O Concello acolle unhas xornadas técnicas sobre eficiencia e aforro enerxético no alumeado público
O concelleiro de Fomento, David Regades, inaugurou este mércores as Xornadas Técnicas Galegas de Iluminación no Auditorio Municipal, onde 175 expertos analizan ata mañá novas fórmulas de eficiencia enerxética. A cita está organizada polo Concello de Vigo, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia e FAIMEVI.
O obxectivo das xornadas é difundir os coñecementos máis innovadores sobre a eficiencia e aforro no alumeado que permitan ás administracións un uso enerxético máis eficiente. As conclusións destes dous días de traballo servirán para contrastar experiencias técnicas que Vigo poida implementar e continuar así avanzando no eido da eficiencia enerxética.
Vigo é referente de eficiencia enerxética pola posta en marcha de medidas que teñen permitido diminuir o 10% o gasto en iluminación en só un ano. No acto de presentación desta cita, celebrado o pasado luns, Regades referiuse á elaboración do mapa lumínico -que facilita unha radiografía exacta de todos os puntos de luz da cidade-, á unha nova ordenanza sobre instalacións de alumeado público ou á posta en marcha de enerxías alternativas, como 4 aeroxeradores, iniciativas que, ao seu atender, poñen de manifesto o compromiso do Concello co aforro enerxético.
Descargar todas as imaxes