Escoitar

O Concello programa 19 espectáculos no Auditorio municipal e non aplicará a suba do IVE

O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, presentaron este martes a programación en artes escénicas para novembro e decembro no Auditorio municipal de Vigo, eventos teatrais e musicais para todo tipo de públicos con prezos que non repercuten a suba do IVE cultural nas entradas nin nos abonos.

martes, 23 out 2012
1350988049vigocultura.jpg
Abel Caballero explicou que o goberno local programa para os dous últimos meses do ano 6 espectáculos musiciais e 13 teatrais, dos que 8 serán para público adulto e 11 para infantil e familiar, unha proposta "ambiciosa e consistente" que procura converter ao Auditorio municipal nun "referente" cultural vigués.

Segundo indicou o alcalde, o total de eventos acollidos polo recinto municipal ao longo deste ano acadará os 300, dos que 100 serán de producción propia e outros 80 en colaboración con entidades, balance que sitúa ao 2012 como un "bo ano na actividade cultural desde o Auditorio municipal".

Caballero subliñou o "esforzo" municipal para non aplicar ao público a suba do IVE decretada polo Goberno de España -que no caso da cultura paso do 8 ao 21%- nin nos prezos das entradas nin nos abonos ofertados. A este respecto, o rexedor recordou que o Concello oferta abonos mensuais e bimensuais cun 15 e un 25% de desconto, respectivamente, sobre o prezo total, co obxectivo de que "se poida disfrutar da cultura en tempos de crise".
Descargar todas as imaxes

Máis información