O alcalde asina coa Asociación de Xordos de Vigo un convenio de 6.000 euros para a contratación dun intérprete

Abel Caballero e o presidente da Asociación de Persoas Xordas de Vigo, Miguel Ángel González, rubricaron este martes un convenio de colaboración polo que a Concellería de Participación Cidadá concede 6.000 euros de subvención ao colectivo para a contratación dun intérprete en lingua de signos.

martes, 23 out 2012
1350992510convenio.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente da Asociación de Persoas Xordas de Vigo, Miguel Ángel González, asinaron este martes na Alcaldía un convenio de colaboración polo que a Concellería de Participación Cidadá achega 6.000 euros para que o colectivo contrate un intérprete en lingua de signos.

Este acordo establece un marco de colaboración para o 2012 que permitirá a todos os integrantes da Asociación de Persoas Xordas de Vigo contar cun intérprete que facilite a comunicación directa aos incapacitados auditivos en xestións da súa vida cotiá.
Descargar todas as imaxes