Escoitar

O Auditorio Mar de Vigo acolle as XIII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas

O vindeiro sábado 27 de outubro o auditorio Mar de Vigo acollerá a final das XIII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas, organizadas pola asociación Interfolk, coa colaboración do Concello de Vigo. Tal e como explicou a concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, resaltou o compromiso municipal para seguir apoiando a cultura tradicional.

mércores, 24 out 2012
1351079811Isaura.jpg
Catro grupo folklóricos galegos participarán na final das XIII Xornadas de Danza e Música Tradicionais que se desenvolverán no a auditorio Mar de Vigo o próximo sábado, 27 de outubro. A concelleira de Cultura e Festas, Isaura Abelairas, e o presidente de Interfolk, Emilio Sotelino, presentaron en rolda de prensa este concurso, que este ano contará coas seguintes agrupacións na final: Andarela, Colexiata do Sar, Seixebra e Traspés. Ademais, o certame contará co Coro Tradicional Cantares do Brión como artista invitado.
1351079811Isaura.jpg
1351079756isaurasotelino.jpg
1351079530xorndasdanza.jpg

Máis información