Escoitar

O alcalde estima que 75.000 vigueses beneficiaranse das exencións e bonificacións fiscais do Concello

Despois da Comisión Informativa das Ordenanzas Fiscais para 2013 celebrada este mércores, Abel Caballero anunciou que o Concello non aplicará o IPC -e por tanto conxela nominalmente- a tarifa municipal da auga, cun aforro de 800.000 euros para a cidadanía viguesa. O alcalde adiantou que o goberno local fará o mesmo co autobús urbano.

mércores, 24 out 2012
1351079947alcalde4.jpg
O alcalde defendeu que a conxelación nominal do recibo municipal do auga suporá 800.000 euros de aforro para a cidadanía viguesa, derivada da non aplicación do IPC correspondente a este ano. Caballero esixíu á Xunta de Galicia que tamén elimine o canon de auga e se sume ao Concello na conxelación da tarifa.

Esta non será a única medida de estas características que adopte o goberno local, pois Abel Caballero xa adiantou, a preguntas dos medios de comunicación, que o transporte urbano tampouco verá aplicado o IPC e por tanto manterá o prezo actual do billete en 2013.

O alcalde indicou igualmente aumentarán as familias que non teñan que abonar as taxas e impostos municipais en 2013 con respecto ao presente ano, xa que o goberno de Vigo eleva nun 4,1% o importe mínimo de ingresos anuais per cápita necesario para o pago destes. A cifra pasa de 3.752 a 3.827 euros e, para as familias numerosas, de 5.861 a 5.987 euros.

O goberno local mantén a conxelación nominal das escolas infantís municipais e da asistencia domiciliaria, así como todas as bonificacións e exencións implementadas en anos anteriores. Caballero estimou en 75.000 os cidadáns beneficiados polas medidas fiscais do Concello o que rebaixará a presión impositiva para os vigueses, cidade que xa en 2012 ten a presión fiscal máis baixa das principais cidades galegas.

Lixo
Por outra banda, o rexedor afirmou que se incorporan novos colectivos exentos o pago do recibo do lixo, familias monoparentais, familias numerosas, maiores de 65 anos que vivan sos, parados de longa duración e persoas con cargas familiares en situación de desemprego de máis de 22 meses ininterrumpidamente con ingresos inferiores a 10.934 euros.

Tamén quedan exentos do pago do lixo os dependentes con ingresos menores a 7.654 euros, maiores de 65 anos con ingresos inferiores a 10.934 euros e maiores de 65 que vivan sos con menos de 12.757 euros anuais.

O alcalde tamén anunciou que en 2013 rebaixarase un 10% a taxa do lixo a aquelas actividades económicas que veron incrementado o IVE do 8 ao 21% por parte do Goberno de España, "para compensarlles unha parte da brutal carga impositiva" decretada polo executivo presidido por Mariano Rajoy. Caballero detallou que beneficiaranse os cines, as papelerías, as droguerías, floristerías, perruquerías, ximnasios e clínicas veterinarias.
Descargar todas as imaxes