Escoitar

Aprobación inicial da ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN EXTERIOR NO TERMO MUNICIPAL DE VIGO

venres, 19 out 2012
O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 24 de setembro de 2012, adoptou o seguinte acordo asinado polo Excmo. Alcalde en data 26 de setembro de 2012:

"Primeiro.- Aprobar o proxecto de ordenanza municipal reguladora das instalacións de iluminación exterior no termo municipal de Vigo, integrada por 7 capítulos, 40 artigos, 3 disposicións transitorias, 1 disposición adicional, 1 disposición final e 3 anexos.

Segundo.- Someter a ordenanza a exposición pública polo prazo de 15 días hábiles, con inserción de anuncio no BOP, taboleiro do Concello e prensa local para exame e presentación de reclamacións ou suxestións.

Terceiro.- No caso de existir reclamacións ou alegacións, estas resolveranse e elevarase de novo a ordenanza ao Pleno para aprobación definitiva.

Cuarto.- No caso de non existir reclamacións ou alegacións no periodo sinalado para exposición pública, entenderase aprobada definitivamente e publicarase no BOP o acordo de aprobación.".

A Ordenanza de referencia estará exposta no taboleiro de anuncios, na paxina Web e nos Servizos Enerxéticos do Concello de Vigo.