Escoitar

O alcalde recibiu aos dez novos conserxes contratados polo Concello para colexios públicos

Abel Caballero saudou este xoves ao novo persoal contratado polo goberno local por seis meses para traballar de conserxes en dez centros educativos públicos da cidade. O alcalde afirmou que o Concello inviste 1,3 millóns de euros anuais en dotar de persoal a 47 colexios da cidade.

xoves, 18 out 2012
1350559166porteros.jpg
O persoal contratado polo Concello dará servizo durante seis meses nas conserxerías dos centros Igrexa-Candeán, Virxe do Rocío, Celso Emilio Ferreiro, Teis Coutadas, Cristo da Victoria, Villalaura, Igrexa Valladares, Chans Bembrive, Sello Cabral e Monte da Guía, segundo detallou o rexedor.

O goberno local investirá nestas contratacións 139.000 euros, cantidade que elévase aos 1,3 millóns de euros anuais para facer efectivos os salarios dos 47 conserxes que dispón o Concello nos colexios públicos. A cifra total que adica a administración viguesa ao mantemento dos centros educativos ascende a 5,7 millóns cada ano.

Abel Caballero explicou que o Concello de Vigo é quen de facer fronte a estos pagos en materia educativa -sobre a que as administracións locais non ostentan as competencias delegadas- por ser o municipio con "menor presión fiscal" das principais urbes galegas.
Descargar todas as imaxes