O alcalde garante a FOANPAS que o Concello compensará o recurte da Xunta en bolsas de comedor escolar
Durante unha reunión coa Federación de Pais e Nais de Alumnos de Vigo, Abel Caballero asegurou que o goberno local incluirá nos próximos orzamentos do Concello partida para compensar o recurte de 200.000 euros da Xunta de Galicia para bolsas de comedor escolar. O alcalde recordou que o Concello incrementóunas un 20% con respecto a 2011.
O alcalde transmitiu á Federación que o número de beneficiarios das bolsas de comedor escolar que concede o Concello de Vigo ascende a 3.813 alumnos e que, de cara aos próximos orzamentos municipais de 2013, aumentarase a partida económica para facer fronte ao recurte de 200.000 euros en Vigo imposto polo goberno autonómico.
Descargar todas as imaxes