venres, 21 nov 2014
Abel Caballero destacou hoxe venres o "imparable proceso de recuperación do aeroporto de Vigo", durante a presentación das oito novas rutas áeras que porá en marcha Air Nostrum. Esta aerolínea conectará Peinador con Sevilla, Málaga, Alicante, Menorca, Gran Canaria, Londres, Roma e Bruxelas.
venres, 19 set 2014
O goberno local aprobou unha achega de preto de 50.000 euros á Asociación de Comerciantes Vigovello dentro do plan municipal do fomento do emprego. Esta partida, indicou o rexedor, case se duplicou nos orzamentos municipais nos últimos tres anos, pasando de 2,6 a 5,5 millóns neste exercicio.
xoves, 18 set 2014
Abel Caballero anunciou hoxe xoves que o goberno que preside amenizará a cidade na primeira escala -o 27 de setembro- no porto vigués do "Oasis of the Seas", o maior transatlántico do mundo. O Concello reforzará os servizos de información e autobús turístico e disporá grupos folclóricos e música na rúa.
luns, 25 ago 2014
Abel Caballero explicou hoxe que os datos parecen confirmar que o mes de agosto será positivo en termos turísticos. Así se desprenden da información do Centro Municipal de Recepción de Visitantes que amosan en xullo un incremento de máis dun 17% respecto do ano anterior.
luns, 18 ago 2014
Abel Caballlero presenciou hoxe luns o bautizo dun reactor de Air Nostrum co nome de Illas Cíes, nun claro respaldo para que a Unesco declare ao archipiélago como Patrimonio da Humanidade. Así o recoñeceu o rexedor, quen agradeceu a compañía este compromiso e súa "fidelidade continua durante 18 anos".
venres, 4 xul 2014
Onte xoves, o alcalde de Vigo desprazouse a Oporto nunha visita oficial ao concello portugués, onde acordaron impulsar un proxecto de promoción turística no exterior, cooperar nos ámbitos de rehabilitación dos cascos históricos e traballar para conseguir financiamento europeo en proxectos de cidades intelixentes.
mércores, 25 xuñ 2014
Tras a celebración dunha reunión do padroado da Vigo Convention Bureau, o concelleiro de Turismo e vicepresidente da entidade, Cayetano Rodríguez, anunciou este mércores unha "reflexión conxunta" para avanzar na creación dun órgano de xestión turística de carácter integral.
mércores, 30 abr 2014
Abel Caballero trasladoulle ao director de cine Gerardo Herrero a súa vontade de facilitar en todo o que esté na súa man a rodaxe de La playa de los ahogados. Baseada nunha novela homónima de Domingo Villar, este filme terá en Vigo moitas das súas localizacións.
mércores, 29 xan 2014
O alcalde de Vigo avanzou hoxe mércores a posta en marcha dun proxecto de reactivación turística en cooperación cos profesionais da hostalería na cidade. Un dos eixos desta iniciativa, detallou, basearase no obxectivo de que a Unesco declare ás Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade, "un gran factor mobilizador cidadá, medioambiental e turístico".
luns, 2 dec 2013
O concelleiro Angel Rivas foi hoxe luns o encargado de recibir no Concello a Helge Rish, comandante do buque-escola Gorch Fock. O edil deulles á benvida á cidade no nome do alcalde e animounos a convertir Vigo en porto base.