Vigo volve superar rexistros turísticos e asina o mellor mes de xuño da súa historia
Abel Caballero valorou este martes os datos de visitantes e pernoitas do pasado mes de xuño en Vigo, os mellores datos desde que existen rexistros no Instituto Nacional de Estatística (INE) con 39.541 viaxeiros e 87.214 pernoitas, case que un 14% máis que o mesmo mes do pasado ano.
Vigo recibiu en xuño 39.541 viaxeiros en xuño, un 1,7% máis que no mesmo mes do pasado ano, e rexistrou 87.214 pernoitas, un 13,6% máis que en xuño de 2018. Segundo trasladou Abel Caballero, e en ambos parámetros, para Vigo é o mellor mes de xuño desde que existen rexistros no INE.
"É unha noticia excepcional", valorou Caballero, quen engadiu que Vigo se está a converter nun "destino turístico de primeira magnitude" e puxo en valor ademais que as estancias dos turistas en Vigo tamén sube e acadan de media os 2,21 días, cando non chegaban aos dous no dato do pasado ano. "Hai máis xente e están máis tempo", resumiu Caballero, quen destacou que o turismo representa "economía e emprego" para a cidade.