Escoitar

Caballero louva a exposición "Puertas", que visibiliza a violencia machista

O alcalde visitou este martes o Centro Comercial Travesía de Vigo, que acolle esta mostra composta por 47 obras que empregan a porta como lenzo e simbolizan cada unha das 47 vítimas que rexistrou España en 2018 por violencia machista. Poderá ser visitada ata o 4 de setembro.

martes, 23 xul 2019
1563886678expo.JPG
Xunto ás concelleiras do goberno vigués Patricia Rodríguez e Yolanda Aguiar, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, percorreu este martes este proxecto artístico que ten como obxectivo dar visibilidade á violencia machista, poñendo o foco nas situacións de violencia e desigualdade presentes da vida cotiá, e invitando á reflexión.
1563886678expo.JPG
1563886686expo2.JPG
Descargar todas as imaxes