Tom Jones abre este martes unha semana "grandiosa" con catro concertos en Castrelos
Logo dos éxitos de Lauryn Hill e Leiva, o Concello continúa esta semana coas actuacións programadas no emblemático auditorio vigués. Tom Jones encherá Castrelos este martes, o mércores actúa Fangoria, o venres chega Rick Astley e o sábado, a tradicional interpretación estival da Coral Casablanca. Unha "semana grandiosa" nas festas de Vigo, en verbas do alcalde.<br />
Abel Caballero recordou que tanto Tom Jones como Fangoria esgotaron as localidades, mentres que continúan dispoñibles para Rick Astley e o acceso é libre para a Coral Casablanca.
Os concertos continuarán a próxima semana coas actuacións de Roger Hogdson o 29 de xullo e Thirty Seconds to Mars o 1 de agosto, un día antes da tripla actuación de Vetusta Morla, Xoel López e Furious Monkey House. O programa péchase con David Bisbal, o 8 de agosto.
Castrelos tamén acolle este verán concertos musicais para o público infantil. Así, Chumi Chuma visitará Vigo o 30 de xullo, Queenmanía toma o relevo o 3 de agosto, O Rei León será o 5 do mesmo mes, Shrek o Musical ao día seguinte e o 7 de agosto, Superwings.