O Concello revela "risco de caída" nas árbores retiradas da Gran Vía

O goberno de Vigo explicou que as árbores que foron retiradas da marxe esquerda da Gran Vía estaban en "moi mala situación" e ofrecían "risco de caída", e recordou que os informes técnicos así o avanzaban. Carlos Font indicou que serán repostos obra e recordou que as árbores do bulevar están sendo transplantadas.

venres, 19 xul 2019
1563541491arbol.JPG
O concelleiro amosou fotografías das árbores que relevan o seu "moi mal estado", "podrecidos e con risco de caída", tal e como fóra xa anunciado polo goberno de Vigo citando informes técnicos, que falan de "deterioro" en once sobre os doce puntos analizados en cada árbore.

Carlos Font diferenciou entre as árbores das marxes laterais da Gran Vía e os exemplares do bulevar central. Así, nos laterais se están a talar as árbores que representan "un perigo para a cidadanía" polo seu estado, mentres que as do corredor central -onde se instalarán as ramplas mecánicas- son transplantadas.
1563541491arbol.JPG
1563541758arbol1.jpeg
1563541765arbol2.jpeg
Descargar todas as imaxes

Máis información