martes, 23 xullo 2019

O reitor da Universidade de Vigo lerá o Bando do Día de Galicia

martes, 23 xul 2019

O alcalde informou hoxe de que Manuel Reigosa, "un grande reitor, cheo de ideas", lerá o pregón do Día de Galicia en Vigo, e apuntou que "estamos encantados de que teña aceptado ser o lector do Bando" no acto que o Concello organiza o próximo martes, 30 de xullo, ás 21 horas no Pazo Quiñones de León en Castrelos. O evento será aberto a toda a cidadanía que queira sumarse á celebración do 25 de xullo en Vigo.

O rexedor coñece Handy Gym, o ximnasio portátil creado en Vigo

martes, 23 xul 2019

Abel Caballero recibiu este martes aos creadores e industrializadores do ximnasio "máis pequeno do mundo", un sistema portátil deseñado para poder realizar a práctica de exercicios en calquera espazo, especialmente pensado para as persoas con problemas de mobilidade e motricidade que, segundo adiantou o alcalde, está acadando bo éxito no seu proceso de distribución no mercado.