Escoitar

Caballero di que seguir a Bandeira Concello de Vigo dende a ponte de Toralla este domingo é "coma se un fóra dentro da traiñeira"

O alcalde de Vigo agradeceu ao Club de Remo Coruxo, representado polo seu novo presidente, Fernando Álvarez, o esforzo organizativo que supón por en marcha a Bandeira Concello de Vigo de traiñeiras, que se vai celebrar este domingo día 28 no Vao (12:00 horas) co patrocinio municipal.

martes, 23 xul 2019
1563898941IMG_0182.jpg
Dez tripulacións de toda Galicia, entre as que figuran a do anfitrión, CR Coruxo, e a asturiana Castropol buscarán o triunfo a partires das 12:45 en tres quendas, dúas de tres tripulacións e unha de catro, a de honra, na que estará Coruxo.

Porén, a novidade este ano é a creación "dunha bandeira feminina específica que puntúa para a Liga Galega", anunciou o rexedor, pois Remo Coruxo e Mecos do Grove participan cunha tripulación conxunta (Mecos Coruxo Isabel). Elas remarán primeiro (12:00 horas) as tres millas náuticas (catro largos ao campo de regatas).

Caballero, que felicitou ao club do Vao polo seu liderado feminino despois das probas xa disputadas, dixo que "queremos saudar esta competición porque sentimos moito orgullo", e lembrou que a proba ten na ponte de Toralla un punto magnífico de visión. "Vese case coma se un fóra metido na traiñeira".

O directivo do Coruxo, que estivo presente xunto coa súa vicepresidenta, Montserrat Molíns, polo directivo Antonio Florindo Pérez, pola patroa da tripulación masculina, María Pérez, e pola remeira Laura Pérez, lembrou que esta regata "sáese fora do común" precisamente polo paso por debaixo da ponte, e dixo que espera a vitoria da tripulación feminina, mentres que a masculina loita polo terceiro posto para entrara no play-off de ascenso á Liga Galega A.
Descargar todas as imaxes