O alcalde destaca o desenvolvemento do barrio de Ribadavia "abandonado durante décadas"
A veciñanza da zona organizou este martes un acto con música e baile para celebrar a humanización dunha parte do barrio que inclúe un mural. O Concello ten investido máis de 500.000 euros nesa zona da cidade.
Abel Caballero sumouse esta tarde á celebración veciñal, con música e baile, e salientou a actuación municipal no barrio de Ribadavia "recuperando a zonas mái degradada da cidade", que estivo, apuntou, "abandonada durante décadas polos gobernantes".
A veciñanza quixo poñer en valor o desenvolvemento da zona coa humanización dunha parte do barrio que inclúe un mural artístico. O alcalde lembrou que o Concello, co desenvolvemento do PERI, acometeu a humanización das 1ª e 2ª Travesía, a rúa Churrera e as travesías de Forno e Calazas. Tamén derrubou dúas edificacións nas rúas Ribadavia e Hotelana, cun conxunto de actuacións que supera os 500.000 euros.
Na contorna do barrio de Ribadavia, o goberno municipal ten humanizado tamén as rúas Colombia, Pizarro, Couto Piñeiro, Santo Domingo, Condesa Casa Bárcena e San Salvador, instalou o ascensor de San Salvador, está acometendo o carril bici que pasará por Pizarro, o espazo comercial de Mercadona que dispón de escaleiras mecánicas e ascensor que conecta con el barrio de Ribadavia e co seu parque infantil.