luns, 22 xul 2019
Segundo informou Abel Caballero, o mércores celebrarase o Pleno extraordinario de aprobación da ordenación provisional, que devolve a capacidade de edificar a 48.000 parcelas. En total, será posible construír no 38% da cidade, explicou o alcalde, quen valorou que o goberno de Vigo desbloquea "toda a edificabilidade que Vigo vai ter nos próximos vinte anos"
luns, 22 xul 2019
Logo dos éxitos de Lauryn Hill e Leiva, o Concello continúa esta semana coas actuacións programadas no emblemático auditorio vigués. Tom Jones encherá Castrelos este martes, o mércores actúa Fangoria, o venres chega Rick Astley e o sábado, a tradicional interpretación estival da Coral Casablanca. Unha "semana grandiosa" nas festas de Vigo, en verbas do alcalde.<br />
luns, 22 xul 2019
Abel Caballero mantivo un encontro este luns con Luis Espada, o Valedor do cidadán, con quen tivo a oportunidade de analizar a situación de Vigo, abordando algúns dos asuntos de actualidade na cidade así como de avanzar proxectos no referente á defensa dos intereses e dereitos da veciñanza, o ámbito competencial do Valedor.
luns, 22 xul 2019
A triatleta viguesa comezou a andadura gañando nas series mundiais en Montreal e aspira a chegar aos xogos paralímpicos "nas mellores condicións para pelexar por todo". Xunto a Rodríguez Gacio e aos responsables de Delikia, patrocinador da deportista, o alcalde indicou que en Vigo "estamos moi orgullosos de Susana", unha "referencia importante" tanto polos "logros" conseguidos como polas "aspiracións e obxectivos" que se propón.