O alcalde ve "imprescindible" a ampliación do IFEVI e rexeita as "dúbidas" da Xunta
Abel Caballero fixo propia a demanda da ampliación en 5.000 metros cadrados do recinto feiral de Cotogrande, feita pública onte polos responsables da feira. A petición de Conxemar ten "apoio incondicional" do Concello e do alcalde, quen rexeita "as dúbidas da Xunta"
O responsable de Conxemar, José Luís Freire, reclamou onte luns a ampliación do IFEVI en 5.000 metros cadrados e este martes, Abel Caballero sumouse á demanda: "Necesitamos máis ampliación do IFEVI".
A proposta de Conxemar "ten todo o apoio do alcalde de Vigo e do Concello de Vigo, todo", asegurou Caballero. "Queremos que se amplíe o IFEVI nos 5.000 m2 que pide Conxemar para poder facer máis feira e non entendemos as dúbidas da Xunta, non entendemos que a Xunta propoña dúbidas á ampliación do IFEVI reclamada por Conxemar", concluíu.
O alcalde indicou que Vigo é a primeira cidade industrial do noroeste español e "necesitamos espazo" para feiras e congresos e recordou que, ante a competencia de Barcelona, a Xunta de Galicia "mirou para outro lado". Por último, Caballero reiterou que é "imprescindible" a ampliación, que ten o respaldo "incondicional" do Concello e do seu alcalde, quen manifestou "o noso rexeitamento ás dúbidas da Xunta de Galicia a amplialo".
Zona Franca
Tamén en relación co Instituto Feiral de Vigo, Abel Caballero demandou que se acepte a petición de incorporación do Consorcio da Zona Franca ao padroado do IFEVI, unha entrada que viría acompañada dunha achega económica "moi significativa" por parte do ente estatal.