Air Nostrum propón cambiar de Bruxelas a París o voo que comeza a operar en Vigo en xullo

xoves, 7 abr 2016

A aeroliña vén de propoñerlle ao Concello o cambio de destino a París, durante este ano 2016, mantendo as frecuencias e as prazas previstas no contrato, ante a imposibilidade de garantir a plena actividade do aeroporto de Bruxelas no verán tras os atentados do pasado 22 de marzo. A proposta será valorada con informes técnicos municipais e levada á Xunta de Goberno que ten a "última palabra".

Caballero apunta que o lanzamento do aeroporto de Vigo é "irreversible"

luns, 4 abr 2016

O inicio das conexións de Vigo con Boloña e Dublín, que estreou Ryanair esta fin de semana cunha media de ocupación do 90%, significan para o rexedor a confirmación de que se na cidade "hai voos, a cidadanía vai collelos" e afirma que o número de conexións internacionais e nacionais do aeroporto sitúano entre os de maior rango de destinos.

A Festa da Reconquista protagoniza a revista de marzo de Air Nostrum

mércores, 2 mar 2016

O alcalde explicou que esta promoción de Vigo e dos seus eventos é unha das formas de colaboración entre o Concello e a compañía aérea e que servirá para que "centos de miles de persoas" coñezan a festa e a cidade durante un mes na revista, que leva á portada unha imaxe da recreación da expulsión dos franceses.

Caballero solicita a Ryanair que valore ampliar conexións desde o aeroporto de Vigo

xoves, 4 feb 2016

O alcalde propúxollo este xoves ao director para España e Portugal de Ryanair, despois de afirmar ambos que as tres rutas que opera este ano a aeroliña desde Vigo van "francamente ben". A ocupación media a Barcelona acadou o 90% no mes de xaneiro, a venda de billetes a Dublín vai sobre o previsto e, para Boloña, a expectativa é "excepcional", apuntou Caballero.

1.500.000 persoas "visitan" as Illas Cíes esta fin de semana a través de Instagram

venres, 22 xan 2016

O Concello organiza un evento coas Illas Cíes como protagonistas que contará coa presenza de 11 "instagramers", que suman case un millón e medio de seguidores nas redes sociais, nas que compartirán a súa experiencia visitando o arquipélago e degustando a gastronomía viguesa. Con esta acción, o goberno local continúa o proceso para acadar o recoñecemento das Cíes como Patrimonio da Humanidade.