xoves, 21 xan 2016
O Concello presentou este xoves a oferta turística e gastronómica da cidade na Feira Internacional de Turismo que se celebra estes días en Madrid, nun acto no que Abel Caballero destacou as Illas Cíes como lugar "único e excepcional" que merecen ser Patrimonio da Humanidade e no que dixo que Vigo é "o sitio onde mellor se come do mundo"
mércores, 11 nov 2015
O Padroado da entidade reunido este mércores aceptou por unanimidade a proposta do rexedor para que Belén Vallina asuma a dirección da Vigo Convention Bureau. Ademais a Fundación será a responsable de desenvolver durante o próximo ano a campaña para que as Illas Cíes sexan declaradas Patrimonio Medioambiental da Humanidade, en cooperación coas concellerías de Cultura e Turismo. O rexedor destacou o "currículo espectacular" da nova xerente con formación en ciencia e tecnoloxía, estudos internacionais e ampla experiencia profesional.
xoves, 15 out 2015
Abel Caballero informou este xoves da aprobación, por parte da Xunta de Goberno Local, da adxudicación a Ryanair do contrato de promoción turística de Vigo polo que a compañía operará voos con Barcelona, Dublín, Boloña, Edimburgo e Milán a partir do próximo ano 2016. Ademais, o rexedor salientou o comportamento positivo de Peinador que experimentou un incremento de pasaxeiros do 11% no mes de setembro e que rexistra un nivel medio de ocupación dos voos do 70%.
mércores, 9 set 2015
Este mércores abriuse a oferta que a aeroliña irlandesa -a única que optou- presentou ao concurso de promoción turística do Concello de Vigo, e que uniría a cidade con Dublín e Boloña desde abril a outubro de 2016 e sumaría Edimburgo e Milán-Bérgamo desde 2017 e para 2018. Segundo revelou Abel Caballero, Ryanair, que incorporaría tamén unha conexión diaria con Barcelona, rebaixou en case medio millón de euros o prezo de saúda do concurso.
mércores, 26 ago 2015
Abel Caballero e o máximo responsable da compañía francesa en España reuníronse este mércores para abordar o restablecemento da ruta Vigo-París de maneira estable.
martes, 21 xul 2015
O alcalde participou este martes na presentación do mataselos especial de Correos coa imaxe do poboado castrexo do Monte do Castro e eloxiou a promoción que a compañía realiza do patrimonio histórico, cultural e turístico vigués. Filatélicos, clientes e peregrinos poden solicitar este mataselado espcial para os seus envíos na oficina de Correos.
mércores, 8 xul 2015
O alcalde, Abel Caballero, e o presidente da aeroliña, Carlos Bertomeu, asistiron hoxe mércores ao acto organizado polo voo inaugural entre Vigo e Málaga, cun avión bautizado como "Mar de Vigo". Tras concurso público impulsado polo goberno de Vigo, Air Nostrum opera as conexións con Málaga, Sevilla (iniciada o pasado luns), Gran Canaria e Londres. Ambos mandatarios salientaron os bos niveis de ocupación que están a rexistrar as rutas de Vigo.
xoves, 2 xul 2015
Abel Caballero avanzou hoxe mércores o interese de Volotea para ampliar a súa operatividade en Vigo. Os directivos trasladáronlle ao rexedor a posibilidade de abrir unha base en Peinador.
venres, 5 xuñ 2015
A Xunta Local de Goberno aprobou hoxe a apertura do proceso de actualización de "Vigo hospitality", unha guía turística que se distribúe por todos os hoteis da cidade. Tal e como indicou o rexedor, esta ferramenta púxose en marcha por primeira vez en 2013 e xa forman parte dela 43 empresas.
mércores, 3 xuñ 2015
Abel Caballero agradeceu hoxe mércores a Loterías e Apostas do Estado que atendera a solicitude do goberno de Vigo de dedicar un sorteo ás Illas Cíes, como parte da precampaña de promoción cara a candidatura a ser declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. O próximo sábado 6 de xuño, no Auditorio Mar de Vigo repartiránse 84 millóns en premios.