Escoitar

O alcalde destaca o 68% de ocupación hoteleira na primeira semana de agosto

“O verán en Vigo, aínda por debaixo do ano pasado como é natural, está a ter unha afluencia de turismo non desdeñable”, apuntou este mércores Abel Caballero. Xullo, cunha media do 47%, xa experimentou un crecemento paulatino da ocupación hoteleira co paso das semanas.

mércores, 12 ago 2020
Abel Caballero, este mércores en rolda de prensa
Abel Caballero, este mércores en rolda de prensa

O rexedor ofreceu este mércores datos da ocupación que están a rexistrar os hoteis de Vigo durante xullo e agosto, que reflicten unha tendencia paulatina á alza. Na primeira semana de xullo, os establecementos hoteleiros vigueses estaban ao 31% da súa capacidade, mentres que na semana do 20 ao 26 de xullo alcanzaron o 60%.

Do 31% da primeira semana de xullo pasouse ao 44% da segunda, o 48% da terceira e o 60% da cuarta semana. Na última do mes pasado baixou lixeiramente, ata o 51%, para lanzarse ata o 68% na primeira de agosto. No tocante ás fins de semana, o alcalde asegurou que a ocupación en xullo subiu ata o 65% e rondará o 80% nas de agosto.

Caballero apuntou que a cifra “non é a óptima” pero Vigo comeza a ter “un nivel razoable” de ocupación hoteleira, tendo en conta o contexto da pandemia do Covid-19. En comparación con outras urbes, Vigo contou cun 47% de media en xullo polo 40% de cidades como Granada e Valencia, segundo citou.

Descargar todas as imaxes