martes, 14 xuñ 2016
No mes de maio a terminal viguesa experimentou un 54,1% de crecemento respecto ao mesmo mes do ano 2015 superando, nestes momentos, os 350.000 pasaxeiros nos datos acumulados dende xaneiro. Os datos positivos son, para Abel Caballero, un reflexo dos resultados das accións de promoción turística do Concello. <br />
xoves, 9 xuñ 2016
O Concello desenvolve durante os próximos catro días unha campaña de promoción da cidade e das Illas Cíes coa presenza dos youtubers Molaviajar, Familia Carameluchi e Rebeca Stones que, co hastag #youtubersvigo, contarán nas súas redes sociais a experiencia viguesa para os seus milleiros de seguidores co fin de que Vigo "estea en boca de todos". <br />
mércores, 1 xuñ 2016
O cruceiro máis grande do mundo fixo escala este mércores no Porto de Vigo durante a súa viaxe inaugural na que traslada a 9.000 pasaxeiros, que hoxe visitan a cidade. Abel Caballero participando a bordo do buque no acto de intercambio de métopas e ofreceu á Autoridade Portuaria a colaboración municipal para que o molle vigués siga sendo atraente para os cruceiros.
luns, 30 mai 2016
Durante a presentación da campaña "Atlantico Express. Viaxando cos Festivais Rías Baixas" da Deputación de Pontevedra, o rexedor salientou o papel da música para estreitar relacións, tal e como pretende este evento de promoción dos festivais de verán da provincia, que esta fin de semana se desenvolve no tren da ruta Vigo-Oporto.
xoves, 12 mai 2016
O rexedor amosou a súa "satisfacción" co inicio do voo Vigo-Lisboa durante a presentación desta nova ruta diante do tecido empresarial da cidade. Acompañado por responsables da compañía aérea portuguesa, explicou que esta incorporación chega nun momento no que a terminal viguesa experimenta taxas de crecemento dun 40%.
luns, 9 mai 2016
Abel Caballero presidiu este luns a reunión do padroado da Vigo Convention Bureau, onde transmitiu que será esta Fundación -mentres non se defina unha "fórmula concreta"- a que pilote a tramitación para que as Illas Cíes opten a ser declaradas Patrimonio da Humanidade. O rexedor confiou en que este proceso "comece inmediatamente despois do verán".
mércores, 4 mai 2016
Segundo anunciou este mércores o alcalde, o Concello chegou a este "acordo mutuo" en virtude das melloras do contrato que está obrigada a facer a compañía. Así, a partir do mes de xullo e ata setembro, o aeroporto de Vigo contará con catro frecuencias semanais a Valencia, un destino que tamén ofrece Volotea. <br />
mércores, 27 abr 2016
O alcalde recibiu este mércores aos responsables da área de comunicación e viaxes da empresa, para estudar unha posible proposta coordinada de promoción da cidade. Segundo expuxo Caballero posteriormente, a compañía ten capacidade para chegar a toda España e ve en Vigo un "inmenso dinamismo" turístico.
mércores, 27 abr 2016
Abel Caballero, Carmela Silva e Carlos Domínguez Pity presentaron esta mañá un acordo que permitirá que 0'Marisquiño permaneza en Vigo os seguintes catro anos. Neste 2016, este festival arrincará a súa XVI edición o próximo 12 de agosto con máis deportes e novos espazos públicos.
xoves, 14 abr 2016
A película dirixida por Kike Maíllo, con Luís Tosar e Mario Casas como protagonistas principais foi presentada en rolda de prensa no Auditorio Mar de Vigo e, aínda que chegará ás carteleiras o 22 de abril, poderá verse hoxe nun pase especial para o público vigués. Abel Caballero destacou a capacidade do cine para "mobilizar unha parte da cultura" e sinalou que a rodaxe foi foco de atracción turística.