O XI Concurso de Tapas Petisquiño conta coa participación de 32 locais de restauración

xoves, 23 out 2025

O alcalde presentou hoxe a décimo primeira edición do “Concurso de Tapas Petisquiño” ao que este ano se suman 32 locais. Desde mañá, venres 24 de outubro, ao 9 de novembro os establecementos despregarán a súa oferta de tapas doces e salgadas. Abel Caballero agradeceu aos empresarios de hostalería o traballo que realizan para o desenvolvemento da cidade e a calidade de vida da cidadanía.

Setembro pecha cunha ocupación hoteleira media do case 81%

luns, 29 set 2025

Caballero louvou o modelo de desestacionalización do turismo que está levando adiante a cidade cunha ocupación do 75,1% na última fin de semana de setembro. "Conseguimos estes datos en épocas nas que outras cidades están ao redor dun 20%", salientou. Así, avanzou que co Nadal a ocupación hoteleira será aínda maior e lembrou que antes os últimos meses do ano non era temporada turística e agora si. O alcalde celebrou os datos porque o turismo "é economía, emprego e recursos para a cidade".

Vigo acolle de novo a Festa do Marisco do 4 ao 7 de setembro

martes, 26 ago 2025

Abel Caballero participou na presentación da XVIII edición desta festa que chega ao porto pesqueiro do Berbés despois de non celebrarse desde o ano 2019. O alcalde louvou a acción da organización, ACOPEVI, por recuperar esta festa e animou á cidadanía a achegarse para degustar "o mellor marisco, o de Vigo".