O Concello retoma as visitas guiadas ao cemiterio de Pereiró

mércores, 21 xan 2026

Este venres, 23 de xaneiro desenvólvese a primeira das visitas que achegan a historia da cidade a través do camposanto e que continuarán ata o 12 de febreiro, con tres quendas de tarde. A inscrición para participar nas visitas guiadas, que comezou este mércores, pode facerse de forma presencial na lonxa do Concello, en dúas quendas: ás 10:00 horas apertura do portelo 18 (ás 9:30 xa estará habilitado o servizo para a orde de quenda) e ás 13:00 horas. Cada solicitante poderá inscribir a un máximo de 4 persoas.

O alcalde manterá contactos con cinco compañías aéreas en FITUR

martes, 20 xan 2026

Durante a xornada do xoves, Abel Caballero manterá reunións coas aeroliñas Vueling, Volotea, Air Nostrum, Binter e Wizz Air. O obxectivo será amosar a oferta cidade en materia turística, como o Nadal, a festa da Reconquista, o verán con grandes concertos e O Marisquiño, así como outros eventos. Tamén Vigo suma “unha cuestión moi importante” como o turismo de rodaxes de contidos audiovisuais no que a cidade está a levar adiante un gran traballo. O alcalde tamén avanzou que durante o desenvolvemento da feira de turismo máis importante do mundo terá entrevistas con dez medios de comunicación.

Caballero propón a Xunta e Deputación cofinanciar un voo a Londres desde Vigo

luns, 5 xan 2026

Caballero demandou á Xunta e á Deputación a contratación conxunta dun voo directo a Londres desde Vigo, cun reparto de custos a terzos para cada administración. Segundo explicou, estes acordos financiaríanse mediante contratos de promoción turística subvencionados polas tres entidades públicas porque desde Vigo viaxa xente de todo o sur de Galicia.

A ocupación hoteleira da pasada fin de semana superou o 90%

luns, 15 dec 2025

Abel Caballero deu conta dunha ocupación hoteleira superior ao 90% a pasada fin de semana, con “cheos” totais en hoteis, cafeterías ou comercios. Ademais, apuntou, o Nadal de Vigo tamén “tira” da ocupación na área metropolitana cunha media de ocupación do 80% en localidades como Pontevedra, O Porriño ou Baiona. “Vigo atravesa o mellor momento da súa historia”, engadiu Caballero xerando emprego e cunha economía crecendo.