Vigo rexistra unha ocupación hoteleira media do 72,2% en xuño
venres, 4 xul 2025Caballero pon en valor o turismo “porque supón riqueza, emprego, máis salarios e valor engadido”. Os internacionais foron os que máis pernoctaron na cidade.
Caballero pon en valor o turismo “porque supón riqueza, emprego, máis salarios e valor engadido”. Os internacionais foron os que máis pernoctaron na cidade.
O ciclo de concertos enmárcase na celebración do centenario da doazón do pazo á cidade por parte do Marqués de Alcedo. Os xardíns de Castrelos acollerán a este grupo de música tradicional galega o domingo a partir das 12:30 horas. Caballero tamén informou de que o mércores 9 de xullo comeza o programa "Tardes no museo" na Pinacoteca.
O estudo do INE que mide os turistas a través da situación dos teléfonos móbiles reflicte a suba tanto nos visitantes nacionais como estranxeiros. “Temos unha posición hexemónica no turismo”.
O pasado maio os hoteis de Vigo rexistraron as mellores cifras de ocupación deste mes con preto do 70 por cento e un aumento de 7,2 puntos con respecto a 2024. “Seguimos batendo récords de afluencia turística na cidade”, afirmou o alcalde ao debullar os últimos datos.
O goberno local deu luz verde ao expediente de explotación dos chiringuitos que funcionarán nas praias durante o verán. Nesta ocasión, son 11 as instalacións que prestarán os seus servizos nos arenais vigueses.
O alcalde subliñou que este verán os campamentos municipais proporcionarán unha alternativa de lecer, deporte e conciliación familiar ás 11.694 persoas con praza nas actvidades programadas polo Concello para todas as idades entre os meses de xuño e agosto.
Abel Caballero participou este xoves na inauguración do XXXII Congreso da Sociedade Española de Estraboloxía e Oftalmoloxía Pediátrica onde puxo en valor a “capacidade, tecnoloxía e avances” conseguidos nestas especialidades que se sitúan “na máxima fronteira do coñecemento”. Ademais deulle a benvida á cidade a tódalas persoas participantes e convidounas a coñecer Vigo e as súas xentes.
Caballero animou a gozar co “espectáculo extraordinario" do descenso de mountain bike desde O Castro previsto o sábado 9 de agosto e que este ano rematará no Centro de Ocio A Laxe. Trátase dunha das probas estrela do festival de deportes urbanos máis importante do mundo que o Concello subvenciona con case 1.350.000 euros.
O alcalde estará cos veciños e veciñas interesados en coñecer o proxecto de primeira man. A humanización da rúa Pazo, a renaturalización da contorna e a dixitalización para a promoción turística da Brincadeira entre as principais actuacións.
A embarcación Nautilus ofreceu esta mañá os dous primeiros paseos dentro da iniciativa “Viaxes pola Ría”. O Concello oferta 2.600 prazas para gozar dunha experiencia guiada durante os meses de maio, xuño e xullo.