Vigo inicia a Reconquista cunha previsión de ocupación hoteleira do 60%
Abel Caballero celebrou que Vigo sexa nestas datas unha cidade turística e cualificou a Reconquista como "a romaría urbana máis importante de Galicia". As rúas de Vigo xa están preparadas para comezar a fin de semana grande da efeméride viguesa, con máis de 240 postos de gastronomía e artesanía repartidos por todo o Casco Vello. O acto da representación da expulsión das tropas de Napoleón será o domingo ás 18:00 horas.