Escoitar

O Concello instala 15 novos mupis dixitais con información de interese para a cidadanía

O alcalde presentou esta mañá os soportes informativos dixitais instalados en quince zonas da cidade que emiten, de forma constante, datos das distintas iniciativas municipais.

luns, 8 xuñ 2026

Abel Caballero explicou esta mañá, durante o acto de presentación coa primeira tenente de alcalde e as concelleiras de Turismo e de Emprego, que o obxectivo da instalación e ampliación da rede de soportes dixitais é mellorar a sinalización da cidade, así como facilitar información permanentemente.

O Concello ampliará a información proporcionada nos mupis, xa que á programación cultural que se facilita na actualidade vai ir sumándose información sobre a actualidade da cidade.  Un total de 12 dos 15 soportes serán tótems de dobre cara con pantalla táctil. O resto contarán con formato monoposte con 2,5 metros de altura.

O rexedor destacou que os 700.000 euros investidos proceden de fondos achegados polo Goberno de España, nunha asignación coa que tamén se financiaron as obras do túnel e de mellora da fortaleza do Castro, entre outras accións.

Emprazamentos

Tres monopostes de 2,5 de alto e pantalla de 200 por 100 centímetros:

  • Verbum- Samil
  • Príncipe. MARCO
  • Estadio de Balaídos. Bancada Marcador Centenario

Doce tótems de 220 por 80 centímentros:

  • Praza da Estación (Vialia)
  • Estación de Guixar
  • Praza da Independencia
  • Cánovas del Castillo
  • Baixada Fonte
  • Porta do Sol
  • Rúa Uruguai
  • Gran Vía – Rúa Honduras
  • Praza Compostela – Concepción Arenal
  • Navia (contorna do Máis que Auga)
  • Praza de América cara a Avenida de Florida
  • Torrecedeira – Ascensor Parque Camilo José Cela
Descargar todas as imaxes