Escoitar

O Concello aproba un novo ámbito urbanístico para 125 vivendas, 38 con protección, en Lavadores

O alcalde anunciou este venres o inicio do desenvolvemento do ámbito do PXOM entre a Avenida Emilio Martínez Garrido e a rúa Ceboleira, para a construción de vivendas.

venres, 5 xuñ 2026

Abel Caballero explicou que o ámbito conta cunha superficie de 10.881 metros, dos que o 90% será de uso residencial e a porcentaxe restante para desenvolver zonas verdes. Destacou que o 30 por cento das vivendas construídas contará con algún tipo de protección.

O rexedor recalcou que o PXOM vai xerar un elevado número de vivendas sometidas a protección. “A suma do desenvolvemento dos distintos ámbitos de chan non consolidado vai ser o apoio ás vivendas de protección máis importante da cidade”, recalcou.

 

Descargar todas as imaxes