O Concello renovará a pista polideportiva do CEIP A Doblada
Adxudicadas as obras por 35.725 euros para reparar os danos das instalacións deportivas derivados do uso intensivo.
A primeira tenente de Alcaldía, Carmela Silva, avanzou este xoves que as obras de reparación e acondicionamento da pista poliderportiva do CEIP A Doblada contarán cun prazo de execución de 6 meses.
A pista ten unha superficie de 1.250 metros, dos que 850 destínanse a fútbol sala e outros 400 á práctica do minibasket. “Seguimos apostando polo deporte e polos equipamentos deportivos”, destacou Silva.
As obras servirán para renovar a pista, así como para restaurar as dúas porterías e as dúas canastras.