Escoitar

A Xunta de Goberno aprobará o convenio con FOANPAS para as becas de comedor

O importe do acordo ascende a 642.405 euros. Este curso o Concello apoiou a 3.650 escolares con becas de comedor e a 1.570 con axudas de libros e material escolar.

xoves, 4 xuñ 2026

A Xunta de Goberno Local aprobará mañá o convenio con FOANPAS para a xestión, realización de actividades extraescolares e prestación de servizo de comedor. O importe deste acordo é de 642.405 euros que se suman aos case 2,3 millóns de euros das becas municipais destinadas a comedor, libros, e material escolar. Deste xeito, a achega municipal para as tres liñas de axudas ás familias ascende a 2,9 millóns de euros, segundo destacou esta mañá o primeira tenente de alcalde, Carmela Silva. “Trátase dunha cifra moi relevante que permite que todas as nosas nenas e nenos estean atendidos coa máxima calidade e con todos os dereitos”, afirmou.

Descargar todas as imaxes