luns, 8 xuñ 2026
O Concello despregou unha gran lona no histórico edificio de Policarpo Sanz, que albergará unha exposición da Colección Municipal de Arte Galega, con máis de 70 obras e pezas inéditas de Lugrís, Laxeiro, Berta Cáccamo, Isaac Díaz Pardo ou Sotomayor, entre outros artistas. “O 12 de xuño ás 19 horas abriremos as portas para que todo Vigo poida contemplar esta marabillosa exposición”, anunciou o rexedor.
luns, 8 xuñ 2026
A Xerencia de Urbanismo dará luz verde mañá martes ao novo ámbito empresarial de 30.000 metros cadrados situados fronte a Navia. A actuación permitirá ampliar o viario e incluirá uso industrial.
luns, 8 xuñ 2026
A Xunta de Goberno Local aprobou a contratación do servizo de intervención de apoio familiar e social para as persoas usuarias das vivendas municipais de protección. Amais, o Goberno local dedica 50.000 euros para a participación das entidades deportivas en fases finais de campionatos.
luns, 8 xuñ 2026
A dous días de pechar o prazo para participar na décima edición da proba do circuíto municipal de carreiras populares Run Run Vigo, a carreira alcanza este luns a inscrición de 1.144 deportistas adultos e 402 nenos dos 1.200 previstos.