venres, 12 xuñ 2026
O alcalde informou da adxudicación das obras na Xunta de Goberno Local deste venres, que suporán un investimento de case 1 millón de euros. Segundo explicou, estas actuacións mellorarán a circulación de vehículos e ampliarán espazos para os peóns.
venres, 12 xuñ 2026
Abel Caballero anuncia un investimento de 1,3 millóns de euros para mellorar a mobilidade na contorna do centro educativo e lamenta o atraso provocado pola imposibilidade de aplicar a Lei Vigo. “Estamos a falar de seguridade”, manifestou.
venres, 12 xuñ 2026
A primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, e a concelleira de Igualdade, Ana Laura Iglesias, presentaron este venres a proxección, o martes 30 de xuño no Auditorio Municipal, do filme documental “Clandestinas: feminismo e democracia no tardofranquismo” e o coloquio posterior que contará coa participación de tres figuras salientables do feminismo español. As edís animan á cidadanía para participar nunha iniciativa “que dificilmente volverá repetirse en Vigo”.
venres, 12 xuñ 2026
Desde o vindeiro luns, 15 de xuño, actívase o servizo especial de transporte urbano aos areais de Samil e O Vao cun reforzo das liñas para facilitar o desprazamento da cidadanía tódolos días da semana.
venres, 12 xuñ 2026
Abel Caballero mantivo un encontro este venres con Rosiña Carpintero, autora de "Rosiliencia", un libro no que conta o seu proceso como paciente de Leucemia Mieloide Aguda e co que quere "dar vida" ás familias ás que o mundo se lles para de repente co diagnóstico dunha enfermidade grave. Rosiña traslada ao lector os sentimentos polos que transitan as persoas enfermas e a importancia do apoio da familia e das amizades. Ademais, quere visibilizar a necesidade da doazón de médula ósea, unha acción altruísta que salva vidas cunha simple extracción de sangue. A presentación de "Rosiliencia" será hoxe venres, 12 de xuño, ás 19:30 na librería Librouro.
venres, 12 xuñ 2026
O alcalde presentou este venres a primeira convocatoria da marcha ciclista que contará coa participación de máis de 2.000 persoas. Arrincará ás 12 do mediodía no Paseo de Alfonso.
venres, 12 xuñ 2026
O Concello iluminará este domingo 14 de xuño de cor vermello as fontes da rúa Aragón con motivo da celebración do Día Mundial do Doante de Sangue, co obxetivo de sensibilizar á opinión pública sobre a necesidade de doar sangue e plasma para coidar da saúde das persoas. Ao mesmo tempo iluminará de azul turquesa a fonte da rúa Illas Baleares polo Día Nacional das Linguas de Signos para compartir e promover a súa difusión e normalizar o seu uso.