O alcalde cualifica de "excepcional" a operatividade dos voos de Ryanair desde Vigo

xoves, 18 ago 2016

<br /> Abel Caballero recibiu este xoves a José Espartero, director de vendas de Ryanair para España, con quen abordou a operatividade da compañía irlandesa no aeroporto vigués, que se sitúa por enriba do 90% na maioría das rutas, entre as que destaca Barcelona cun cento por cento de ocupación. O alcalde amosouse satisfeito cos resultados e non descarta "rutas adicionais de ningunha compañía".

Air Nostrum trasládalle ao rexedor o "bo" funcionamento dos seus destinos en Vigo

luns, 8 ago 2016

O alcalde mantivo un encontro este luns co director comercial de Air Nostrum, Juan Corral, quen lle trasladou o interese da compañía por continuar a súa relación con Vigo á vista dos bos resultados da operatividade dos destinos tradicionais e dos novos. Co "aeroporto en pleno lanzamento" di Caballero que a situación é "a crónica dun éxito anunciado".

O aeroporto de Vigo superará este ano en conexións e voos a cifra histórica de 2007

xoves, 7 xul 2016

A terminal viguesa alcanzará o millón de pasaxeiros e xa supera en número de voos e destinos a 2007, considerado o ano que mellores rexistros obtivo Peinador. En declaracións aos medios, Caballero avanzou que o Concello está a traballar na licitación das conexións que está a operar Volotea, que sairán a concurso público e xa deixou claro que se van a manter todos os destinos, sen descartar novas incorporacións.

Vigo e Alacante establecen un acordo de promoción turística das dúas cidades

xoves, 7 xul 2016

O alcalde asinou este xoves co seu homólogo alacantino, Gabriel Echávarri, un acordo de colaboración para ampliar a relación entre as dúas cidades que, dende hoxe, están conectadas cun voo directo. A colaboración materialízase especialmente no ámbito turístico, de maneira que os empresarios alacantinos presentarán as súas propostas en Vigo e o sector turístico vigués farao en Alacante co apoio municipal. <br />

O alcalde celebra que o voo de Ryanair a Barcelona teña case un 100% de ocupación nos próximos meses

xoves, 23 xuñ 2016

Abel Caballero reuniuse este xoves con José Espartero director de vendas de Ryanair en España, quen lle informou da operatividade das rutas que opera a compañía irlandesa na terminal viguesa, entre as que destaca Barcelona que supera as previsións sendo "o nunca visto". Ademais, Dublín e Boloña están resultando "excepcionalmente ben", o que para o alcalde significa que "estamos acertando".