Abel Caballero sinala que os pregos do novo concurso público para compañías aéreas terá “dous ou tres” destinos internacionais
O alcalde informou en rolda de prensa que a compañía Air Nostrum operará 1.006 voos ata setembro a 10 destinos entre os que inclúe una nova ruta: Lanzarote.
O Aeroporto de Vigo suma 1.006 novos voos ata setembro de 2022. A estas operacións haberá que sumar as que resulten do novo concurso público “do que xa se está elaborando o prego e incluirá polo menos dous rutas internacionais a dous hubs moi importantes de Europa e queremos que comecen o antes posible”, apuntou o rexedor en rolda de prensa.
A compañía Air Nostrum comezará a operar na ponte de decembro con voos a Mallorca e Valencia. No Nadal súmase Gran Canaria a estes dous destinos mediterráneos e a partir de febreiro e marzo haberá dou frecuencias semanais a Bilbao, Valencia e Mallorca.
A partir de abril e ata setembro a compañía operará 864 voos con 80.400 prazas. Isto supón 144 voos máis (+20%) e 16.670 prazas máis (+26%) respecto ao mesmo período do ano 2019. Os destinos que operarán estes meses completos son Valencia e Mallorca con ata 7 frecuencias semanais; Bilbao terá 3 voos semanais menos no mes de agosto; a Sevilla e Málaga poderase viaxar entre xuño e setembro dos veces por semanas; a Gran Canaria haberá dous frecuencias en xullo e catro en agosto; tamén haberá 4 frecuencias a Ibiza en agosto; Alicante e Menorca terán dos voos semanais neste mes; e súmase unha nova ruta a Lanzarote, que operará con dous frecuencias semanais en agosto.
Abel Caballero declarou “estar no camiño da recuperación do Aeroporto de Vigo” e manifestou que “Vigo é un destino referente en España e tamén en Europa”.