Escoitar

O Concello impulsará xunto á hostalería a reciclaxe de vidro

O rexedor informou en rolda de prensa que beneficiaronse máis de 500 locais das accións do Goberno en colaboración con Ecovidrio e que ampliarase o servizo “porta a porta” aos establecementos de Bouzas, Príncipe, Churruca e a Praza do Pobo Galego en Doutor Cadaval.

mércores, 24 nov 2021

O Concello falará a partir da próxima semana co sector da hostalería para coñecer os hábitos da reciclaxe de vidro e adecuar recursos as súas necesidades. En colaboración con Ecovidrio, o alcalde explicou que se quere consolidar o éxito doutras campañas da reciclaxe do vidro que tiveron un balance positivo. Deste xeito, Abel Caballero explicou que nos últimos cinco anos a recollida selectiva de vidro medrou un 28% e recicláronse máis de 4.000 toneladas.

Segundo anunciou o rexedor en rolda de prensa, unha das novas medidas será ampliar o servizo “porta a porta” que xa se aplica no Casco Vello, a outras zonas como Bouzas, Príncipe, Churruca e a praza do Pobo Galego en Doutor Cadaval. “Foron beneficiados máis de 500 locais”, apuntou. Tamén puxo de manifesto a instalación de contedores para a hostalería na zona centro e a adaptación na zona de Samil e Canido.

Caballero sinalou “a importancia dun medio ambiente coidado” e animou a sumar persoas ao reciclaxe: “estamos coa hostalería xa que nela consúmense o 52% dos envases de vidro dun só uso que se producen en España”.

Descargar todas as imaxes