A app de Vigo súmase ao Nadal
Abel Caballero animou a todos os cidadáns a actualizar a aplicación para facer un seguimento do Nadal da cidade. É válida para dispositivos Android e iOS.
A app de Vigo ten unha nova actualización xa dispoñible para dispositivos Android e iOS e que permite ter acceso a todas as actividades relacionadas co Nadal de Vigo.
O alcalde animou aos cidadáns e cidadás a actualizar no seu teléfono a aplicación e descubrir as posibilidades do Nadal: actividades e atraccións, mercados, o belén monumental, elementos luminosos, a roteiro do Nadal, photocall, vídeos doutros anos... Así enumerou Caballero as distintas actividades “para facer un seguimento absoluto e total do Nadal en Vigo”.
O rexedor falou de “éxito inenarrable” para referirse ao acto de acendido do alumeado de Nadal, agradeceu aos medios pola cobertura e informou que o vídeo en streaming tivo “miles e miles de reproducións en tantos lugares”
Descontos en Vigo Cultura
O alcalde anunciou que a programación de Vigo Cultura súmase ao Black Friday con descontos do 25% nas actuacións que restan do programa cultural de outono. Durante toda a semana, o público poderá adquirir as entradas coa rebaixa co código VenresNeghro que funciona en todos os métodos de compra: online, en Librouro e na oficina de venta.
Estes descontos inclúen 3 actuacións: “Chicas y chicos”, da compañía El Sol de York; “Pioneiras, the power of Woman”, que segundo explicou Caballero é una obra de danza contemporánea; e “Las Cotton”, para o público familiar.