Vigo superou o 90% de ocupación hoteleira durante a ponte de decembro
Caballero informou que para este fin de semana a previsión é superior ao 75%.
Este fin de semana haberá unha ocupación hoteleira superior ao 75%. O alcalde deu a coñecer os datos de turismo na cidade, que durante a ponte de decembro rexistrouse unha afluencia nos hoteis da cidade de máis do 90%.
Abel Caballero manifestou que “houbo cancelacións, pero tamén reservas de última hora” e cualificou os datos como “moi bos”. Tamén afirmou que a chegada de viaxeiros e viaxeiras nótase na restauración.
Ademais, o alcalde informou que os voos desde o Aeroporto de Vigo están a funcionar cunha alta ocupación, con Barcelona ao 90%, Palma de Mallorca ata o 80%, 75% a Madrid e 70% a Gran Canaria e Valencia.